Un total de 1.700 traballos presentados é a extraordinaria cifra do 40º Concurso da Constitución que xa está en fase de avaliación.
A subdelegación do Goberno en Ourense acolleu a reunión do xurado que cualificará estes traballos para escoller ós premiados.
1.700 traballos presentados ó Concurso da Constitución
Alumnado de todas as etapas educativas podían presentarse a este concurso que no ano 2024 xiraba sobre o artigo 47. Este artigo indica que «Todos os españois teñen dereito a gozar dunha vivenda digna e axeitada».
Centros educativos como o CEIP de Seixalbo, Divina Pastora do Barco, A Purísima ou Colexio Maristas contan con alumnado participante neste concurso. Das etapas de infantil, primaria e educación especial presentáronse 1.510 traballos. Os 209 restantes corresponden ás etapas da ESO, Bacharelato, Formación Profesional e a Universidade de Vigo.
Eladio Santos, subdelegado do Goberno, destacou «a participación excepcional desta edición. Estamos encantados de que o alumnado se anime deste xeito a realizar traballos sobre un tema como é a nosa Constitución, que é a norma fundamental do Estado. Ademais, abordando un tema tan concreto e de actualidade como é o da vivenda, xa que hai moitas cousas por facer para que este dereito sexa realmente universal».
Os membros do xurado son:
- Manuel Arias, secretario xeral da Subdelegación,
- Tamara Silva, concelleira de educación do Concello de Ourense,
- Laura Pérez, inspectora de Educación da Xunta de Galicia,
- Miguel Álvarez, subdirector EASD Antonio Failde,
- Jorge Pumar, representante do Partido Popular, e
- Uxía Oviedo, en representación do Partido Socialista.
Este xurado avaliou e puntuou a orixinalidade e creatividade dos traballos presentados. Dos 1.700 traballos, 20 recibirán un premio. O acto de entrega destes galardóns será o venres, 6 de decembro, nun acto que terá lugar no Auditorio Municipal de Ourense.