A cantidade de 10.000 euros foi repartida en premios entre as persoas participantes na campaña que fomentou mercar no comercio local.
Esta campaña, impulsada pola Federación Galega de Comercio e a Xunta de Galicia, realizouse entre o 1 e o 20 de outubro e contou coa colaboración da Federación de Comercio de Ourense.
10.000 euros en premios por mercar no comercio local
O sorteo ante o notario José Manuel López Cedrón permitiu repartir os 10.000 euros en 50 bonos de 200€. Estes bonos foron sorteados entre as 15.896 papeletas rexistradas durante a campaña ó mercar nos establecementos asociados.
Este número de papeletas sitúa en medio millón de euros o volume de negocio que se moveu durante a campaña. Fomentar as compras no comercio de proximidade era o obxectivo primordial desta iniciativa.
A entrega dos premios terá lugar o 30 de outubro no Auditorio Multiusos do Carballiño. Durante este acto tamén se realizará un sorteo dun premio de 1.000 euros entre os asistentes.