Noticias

2.500 persoas acudiron a Previsel 2023

2.500 persoas acudiron a Previsel (Salón da Prevención e Seguridade Laboral) durante a edición de 2023 que pechou onte as súas portas.

Na súa 16ª edición, Previsel segue a cumprir o obxectivo co que naceu, fomentar a cultura preventiva entre a sociedade. Para seguir traballando neste obxectivo, a edición de 2023 contaba con 30 actividades formativas que tiveron un importante seguimento.

2.500 persoas acudiron a Previsel 2023

Empresas especializadas, asociacións empresariais, sindicatos, servizos de intervención e emerxencias e institucións foron as responsables de crear un ano máis este evento.

Na última xornada de Previsel, os participantes puideron coñecer software en prevención da man dunha empresa francesa, un obradoiro de traballos en altura ou o seminario sobre riscos laborais en carpinterías. Motivado polas agresións físicas e verbais que denuncia os técnicos sanitarios nos últimos tempos, a Fundación Cipri Gomes impartiu un obradoiro de defensa persoal.

2.500 persoas acudiron a Previsel 2023
Foto: Expourense

Tras a clausura de Previsel, Expourense prepárase para acoller ós 500 atletas que participarán esta fin de semana no Campionato de España de Atletismo sub16 en pista cuberta.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.