Eventos

Programa completo do Día da Muller 2026 en Ourense

O Concello de Ourense celebra o Día Internacional da Muller (8 de marzo) cunha programación diversa que inclúe actos institucionais, deporte, formación, actividades escolares e recoñecementos públicos.

A axenda do 8M en Ourense arrancou o luns 2 e prolongarase ao longo de todo o mes de marzo.

Programa completo do Día da Muller 2026 en Ourense

Do 2 ao 8 de marzo, a Ponte Romana e a fonte de Concepción Arenal permanecerán iluminadas como símbolo de apoio á igualdade e de visibilización da loita contra as violencias machistas.

Actividades educativas e obradoiros

Entre o 2 e o 5 de marzo desenvolverase o teatro didáctico “Cluedo da Igualdade 2.0”, dinamizado por YUKA. Esta actividade visitará os colexios CEIP Seixalbo, CEIP Albino Núñez, CEIP Mestre Vide e CEIP Luis Acuña. A mesma está dirixida ao alumnado de 5º e 6º de Primaria.

O martes 3 de marzo, de 16:30 a 18:30 h, o CIMM acollerá o obradoiro para mulleres “O meu corpo, os meus límites”. Este obradoiro está impartido pola sexóloga Almudena Herranz Roldán. Haberá servizo de canguraxe baixo solicitude previa.

Publicaciones relacionadas

Tamén no ámbito educativo, os días 6 e 13 de marzo celebrarase o escape room “Estrelas”, dinamizado por Territorio Comanche, para alumnado do CPR María Auxiliadora e do IES 12 de Outubro.

Ademais, os días 3, 10, 17 e 24 de marzo impartirase no CIMM un obradoiro de empoderamento dirixido a asociacións da cidade, a cargo de Ana Pérez Cardoso.

Acto institucional e carreira popular

O venres 6 de marzo, ás 08:45h, terá lugar o acto institucional e a lectura do manifesto polo 8M no salón de plenos do Concello.

O domingo 8 de marzo disputarase a VII Carreira da Muller, con saída da Praza Maior e organizada por Runmaniak. Ás 10:50 h celebrarase a carreira inclusiva (1 km) e ás 11:00 h dará comezo a proba principal de 5 quilómetros.

Ourense conmemora o 8M cun amplo programa

Cultura e recoñecementos

O 17 de marzo, ás 20:00 h, inaugurarase na Sala Valente a exposición colectiva de mulleres artistas de Ourense “Marzo todo o ano”. A programación pecharase o 25 de marzo, tamén ás 20:00 h, coa entrega do XX Premio Clara Campoamor á Igualdade de Oportunidades, no mesmo espazo cultural.

Botón volver arriba
Cerrar

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.