Noticias

O BNG pide impulsar o Campus de Ourense

O grupo municipal do BNG pide impulsar o Campus de Ourense mediante a cesión de terreos que permitan a súa ampliación e o soterramento da Avenida Otero Pedrayo.

«Pasaron xa 30 anos desde que a sociedade ourensá manifestara públicamente e a través de varias concentracións, a súa vontade de que Ourense non quedara atrás no mapa universitario galego e contara polo tanto cun Campus con titulacións que responderan ás demandas da sociedade do momento«, indicou a concelleira Erea Blanco.

O BNG pide impulsar o Campus de Ourense

A moción que o BNG presentará no concello de Ourense responde á necesidade de coidar e potenciar o Campus de Ourense. «O Campus de Ourense é unha oportunidade para o desenvolvemento económico, social e demográfico de Ourense». Por este motivo, desde o BNG solicitan ás administracións, «traballar da man en defensa de toda reivindicación encamiñada á mellora dos servizos públicos e das infraestruturas«.

O BNG pide impulsar o Campus de Ourense
Erea Blanco, concelleira do BNG.
Foto: BNG de Ourense

As dúas propostas que recolle a moción permitirían a expansión do Campus e a mellora da mobilidade e a accesibilidade. Na moción, o grupo municipal do BNG solicita ó concello:

  • levar a cabo todas as xestións e todos os trámites administrativos precisos e conducentes á posta a disposición da Universidade de Vigo dos terreos necesarios para a ampliación do Campus Universitario de Ourense,
  • impulsar o soterramento do tráfico na Avda Otero Pedrayo co fin de permeabilizar o Campus e favorecer a mobilidade e a accesibilidade na zona.

O pleno do concello de Ourense do mes de abril terá lugar este venres, día 5.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.