Noticias

Previsel 2025: Referente en prevención e seguridade laboral en Galicia

O Salón da Prevención e Seguridade Laboral, Previsel, celebrou en Expourense a súa 18ª edición consolidado como a principal cita galega en formación en prevención, seguridade, saúde e benestar laboral.

Con 50 accións formativas, rexistrou unha ampla participación de profesionais e alumnado de FP, que asistiron a obradoiros e demostracións.

Previsel 2025: Referente en prevención e seguridade laboral en Galicia

As actividades destacadas incluíronse a visita do helicóptero do 061, o obradoiro de extinción de incendios da Fundación Laboral da Construción, a exposición de material da BRILAT e o Concurso de RCP. Os asistentes formáronse en primeiros auxilios con Cruz Vermella Ourense e exploraron simuladores virtuais de emerxencias.

A inauguración contou coa presenza de autoridades como Adela Quinzá-Torroja (ISSGA), Santiago Villanueva (Emerxencias), Manuel Pardo (Xunta de Galicia), Marta Novoa (Deputación de Ourense) e Marisol Novoa (Confederación Empresarial de Ourense). Quinzá-Torroja destacou a «Estratexia de Seguridade e Saúde no Traballo de Galicia: Horizonte 2027». Marisol Novoa reivindicou a actualización da Lei 31/1995 de Prevención de Riscos Laborais.

Previsel 2025: Referente en prevención e seguridade laboral en Galicia
Foto: Expourense

Fóra do recinto, destacouse a unidade de drons de rescate da AXEGA, ambulancias do INEM de Portugal e SUMMA 112 de Madrid, e vehículos de emerxencia. Tamén participaron centros educativos como o CIFP A Carballeira, con simuladores de realidade virtual.

Na área expositiva participaron máis de 30 empresas, incluíndo Global Cardiac Services e Emergalia, ademais da irlandesa dulann, entidade colaboradora. O evento contou co apoio do ISSGA, Deputación de Ourense e Xunta de Galicia. Previsel 2025 pechará mañá cun horario de 10:00 a 14:00 horas.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.