Noticias

Casa Pransa, nova axencia creativa do COB para liderar a súa identidade visual

O Club Ourense Baloncesto vén de anunciar que a axencia ourensá Casa Pransa será, a partir desta tempada 2025/26, a súa nova axencia creativa de referencia.

A compañía será a encargada de liderar os proxectos de deseño gráfico, branding e identidade visual do club, nun paso natural que reforza os lazos co talento local.

Casa Pransa, nova axencia creativa do COB para liderar a súa identidade visual

Aínda que Casa Pransa naceu este mesmo ano en Ourense, a súa relación co COB é longa e consolidada grazas a Pablo Álvarez Estévez. Álvarez é director creativo da axencia e colaborador do club desde 2012.

Casa Pransa, nova axencia creativa do COB para liderar a súa identidade visual

Baixo a súa dirección naceron deseños emblemáticos como as equipacións temáticas de Magosto, Entroido ou Los Suaves. Tamén é o responsable de campañas sociais como “El color no importa”, contra o racismo, ou as campañas de socios.

Un paso con selo ourensán

Desde o club destacan que esta decisión representa unha aposta firme polo talento da cidade:

“Para nós é un orgullo que unha axencia creativa nacida en Ourense sexa parte esencial da identidade visual do club. Hai talento na nosa cidade, e cremos nel”.

Casa Pransa xa traballa na nova roupa oficial da tempada 2025/26, que incluirá dúas equipacións especiais e varias sorpresas para a afección. Ademais, desenvolverase unha liña de merchandising renovada, con produtos máis atractivos e innovadores respecto a anos anteriores.

Orgullo e identidade local

O eixo creativo desta nova etapa estará centrado en reforzar o sentimento de pertenza e o orgullo de ser de Ourense. As novas equipacións e deseños buscarán conectar coa cidade, as súas tradicións e a súa xente, cunha narrativa visual que aspire a emocionar e representar á afección.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.