Noticias

O Pereiro reforza a conciliación familiar co apoio do Goberno

O subdelegado do Goberno en Ourense, Eladio Santos, reafirmou este martes o compromiso do Goberno de España coa igualdade e os coidados durante unha visita aos campamentos de verán do CEIP Ben-Cho-Shey, no Pereiro de Aguiar.

Fíxoo acompañado do alcalde do municipio, Luis Menor, no marco do Plan Corresponsables do Ministerio de Igualdade, que destinou 120.000 euros ao concello para iniciativas de conciliación familiar.

O Pereiro reforza a conciliación familiar co apoio do Goberno

A achega permite que arredor de 150 familias poidan conciliar a súa vida laboral e persoal grazas aos campamentos municipais. “Os coidados teñen que consolidarse como un dereito desde a óptica da igualdade. Ese é un dos obxectivos do Ministerio de Igualdade con este plan pioneiro creado no 2021”, subliñou Santos.

O Pereiro reforza a conciliación familiar co apoio do Goberno
Foto: Subdelegación do Goberno

O subdelegado detallou que máis de 65 concellos da provincia de Ourense recibiron este ano 1,5 millóns de euros para programas similares. Estes fondos foron repartidos polo Ministerio de Igualdade, que transferiu en total 9,3 millóns á Xunta de Galicia para financiar distintas liñas de apoio.

Santos puxo en valor a colaboración institucional e o papel das comunidades autónomas na execución do Plan Corresponsables, que contempla medidas como a creación de bolsas de coidado profesional, o fomento do emprego e a certificación da experiencia en coidados non formais. “Confiamos na cogobernanza e na colaboración para garantir dereitos esenciais como a conciliación”, asegurou.

O subdelegado tamén destacou que o Plan Corresponsables permite ofrecer actividades gratuítas para nenos e nenas durante o verán, con contidos educativos, deportivos, creativos e de contacto coa natureza. “O Pereiro de Aguiar é un exemplo, pero o Goberno de España chega tamén aos concellos rurais para garantir a igualdade real”, indicou.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.