Eventos

Guía completa do Verán Cultural de Seixalbo 2026

O barrio ourensán de Seixalbo xa ten listos os seus meses máis animados coa presentación do Verán Cultural 2026.

Esta iniciativa estenderase desde xuño ata setembro cun amplo abano de actividades que inclúen música, teatro, cinema, deporte, charlas formativas e xornadas de convivencia veciñal.


Guía completa do Verán Cultural de Seixalbo 2026

A axenda arrincará con forza o vindeiro sábado 6 de xuño coa tradicional Gala Inaugural no Auditorio de Penouzos. A partir de aí, o programa deseñado para este ano combina propostas consolidadas, como o Festival de Danzas do Mundo ou a Festa dos Foros, con espazos dedicados á aprendizaxe e o debate, abordando temas de actualidade como os retos da intelixencia artificial ou a alimentación e a saúde pública.

O cinema ao aire libre tamén terá un protagonismo especial coas proxeccións de películas como Rondallas e Salta!!! no Auditorio de Penouzos.

As asociacións do pobo xogan un papel fundamental na organización deste Verán Cultural. Entidades como a A.C. Agromadas, a Comisión Festa dos Foros e a Directiva Veciñal colaboran activamente para facer posible este calendario estival, que pechará o 27 de setembro cun Concerto de Clausura na Igrexa de San Breixo.

Desde a organización lembran que as actividades poderían sufrir cambios de horarios por razóns climatolóxicas ou de forza maior, polo que recomendan seguir as actualizacións na súa páxina oficial de Facebook.

Guía completa do Verán Cultural de Seixalbo 2026

Programación Completa

Xuño

  • Sábado 6 de xuño (22:00h) | Auditorio de Penouzos
    • Gala Inaugural: PerQtores, Cantigas de Seixo, Dantzari, Coppelia, Dani Iglesias, Héctor González, Benposta, María/Jainer Barros e G. Carro.
  • Venres 12 de xuño (22:00h) | Auditorio de Penouzos
    • Festival de Danzas do Mundo: Escola de Danzas do Mundo (Organiza: Escola Dantzari).
  • Sábado 13 de xuño (20:30h) | Local Agromadas
    • Retos da Intelixencia Artificial: Relator: Javier Pereira Loureiro (Organiza: A.C. Agromadas).
  • Sábado 20 de xuño (17:30h) | Parque da Infesta
    • Día da Rapazada: Festa da escuma e inchables (Organiza: Directiva Veciñal).
  • Martes 23 de xuño (19:00h) | Parque da Infesta
    • A Maxia de San Xoán: Roteiro floral ás 19:00h e Queimada ás 24:00h (Colabora: Amigas das Árbores).
  • Martes 23 de xuño (21:30h) | Parque da Infesta
    • Convivencia Veciñal: Cea de socios e socias con música de Disk Jockey Deluxe.
  • Venres 26 de xuño (22:00h) | Auditorio de Penouzos (Teatro)
    • Teatro dos Foros: Teatro veciñal (Organiza: A.C. Agromadas).
  • Sábado 27 de xuño (18:00h) | Praza do Cabildo e rúas da vila
    • Festa dos Foros: Roteiro das adegas e festa popular (Organiza: Comisión Festa dos Foros).
  • Domingo 28 de xuño (20:00h) | Local AVV
    • Premio Freire Carril: Entrega do Premio 2026 (Organiza: A.C. Agromadas).

Xullo

  • Martes 7 de xullo (20:00h) | Local AVV
    • Alimentación e Saúde Pública: Charla informativa co relator Fernando de Vicente.
  • Venres 10 de xullo (22:30h) | Auditorio de Penouzos (Cine)
    • Cine en Familia: Proxección de Rondallas, dirixida por Daniel Sánchez Arévalo.
  • Sábado 18 de xullo (08:45h) | Praza Barreiros (Saída)
    • Viaxe Cultural: «Coñecendo o país: As Illas Atlánticas». Viaxe á Illa de Ons.

Agosto

  • Venres 7 de agosto (22:30h) | Auditorio de Penouzos (Cine)
    • Cine en Familia: Proxección de Salta!!!, dirixida por Olga Osorio.
  • Sábado 22 de agosto (10:30h) | Auditorio de Penouzos
    • Obradoiro de Batucada: Dirixido por Juan Jesús Gómez (Colaboran: Os PerQtores).
  • Martes 25 de agosto (20:00h) | Estadio do Carqueixal
    • Fútbol: Trofeo Vila de Seixalbo: CD Seixalbo vs Antela FC (Colabora: Club Deportivo Seixalbo).

Setembro

  • Venres 4 de setembro (20:00h) | Auditorio de Penouzos
    • Convivencia Intercultural: Convivencia entre países e culturas (Organiza: Fundación Juansoñador).
  • Mércores 9 de setembro (17:30h) | Local AVV
    • Obradoiros para a Familia: Dirixido por Alba Llamas (17:30h Infantil / 18:30h Adultos).
  • Domingo 13 de setembro (09:30h) | Parque da Infesta (Saída)
    • Andaina Solidaria: Camiñar, saúde e solidariedade (Donativo para o Banco de Alimentos).
  • Martes 15 de setembro (20:00h) | Local AVV
    • Hixiene Bucal: Charla informativa (Colabora: Centro de Saúde – SERGAS).
  • Domingo 20 de setembro (11:00h) | Parque da Infesta (Saída)
    • Cicloturismo: Roteiro en familia (Organiza: Directiva Veciñal).
  • Sábado 26 de setembro (22:00h) | Auditorio de Penouzos (Teatro)
    • Só ante o perigo: Guión e dirección de Marisol Delgado, a cargo do Grupo Teatreiro «Ese Día Sae».
  • Domingo 27 de setembro (19:30h) | Igrexa San Breixo
    • Concerto de Clausura: Cantigas de Seixo e Trovare (Colabora: Asoc. Cultural Agromadas).

Botón volver arriba