«A auga termal non é a galiña dos ovos de ouro». Con esta afirmación remataba a intervención de Gonzalo Pérez Jácome na apertura do Congreso de Turismo Termal que se está a celebrar en Ourense.
O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, pediu ás partes implicadas que fagan un exercicio para repensar o modelo termal de Ourense.
«A auga termal non é a galiña dos ovos de ouro»
O rexedor ourensán, crítico coa estratexia que se leva a cabo nos últimos anos, cree que Ourense ten potencial para sacar un maior rendemento á súa riqueza termal. «Necesitamos aprender» resaltou o alcalde de Ourense para aproveitar o potencial da segunda cidade de Europa con maior caudal de augas termais.
Nese camiño, considera o alcalde como imprescindibles dous proxectos de gran envergadura que están sobre a mesa. O futuro parque termal e o Gran Hotel Balneario poden supor un punto de inflexión de cara ó futuro.

As súas últimas palabras deixan claro que o actual modelo termal non funciona pero que Ourense ten o potencial necesario para facelo. «A auga termal non é a galiña dos ovos de ouro. Porén, é unha mina de ouro se sabemos onde e como cavar».