Deportes

A Supercopa Galega de Waterpolo disputarase en Ourense

A Supercopa Galega de Waterpolo disputarase en Ourense esta fin de semana na piscina Rosario Dueñas do Pavillón dos Remedios.

A Federación Galega de Natación é a responsable deste evento que foi presentada esta mañá no concello de Ourense.

A Supercopa Galega de Waterpolo disputarase en Ourense

Gonzalo Pérez Jácome, alcalde de Ourense, recibiu a representantes da Federación Galega, da Xunta de Galicia e do Club Pabellón Ourense para realizar a presentación oficial do evento.

A Supercopa Galega de Waterpolo disputarase en Ourense
Foto: Concello de Ourense

O calendario de encontros tanto en categoría feminina como masculina terá nesta ocasión á Piscina Rosario Dueñas como protagonista.

  • Final Feminina absoluta – sábado, 1 de outubro, ás 18:30h.

Encontro entre o CW Pontevedra e o CWC Rías Baixas

  • Final Masculina absoluta – domingo, 2 de outubro, ás 11:30h.

Encontro entre o CW Santiago e o Pabellón Ourense

«É un pracer albergar na cidade este torneo», indicou o alcalde de Ourense. Na súa intervención, Pérez Jácome tamén recordou que «Ourense sempre foi un punto neurálxico da natación en Galicia».

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.