Sucesos

Accidente con feridos na Autovía das Rias Baixas

Onte a noite produciuse un accidente con feridos na Autovía das Rias Baixas á altura do quilómetro 221 que necesitou a asistencia dos equipos de emerxencias.

O GES de Pereiro de Aguiar e os Bombeiros de San Cibrao foron mobilizados ante o aparatoso accidente que tivo lugar na A-52.

Ademais dos equipos de emerxencias, tamén estiveron no lugar do sinistro efectivos da Garda Civil e persoal sanitario.

Accidente con feridos na Autovía das Rias Baixas
Foto: GES Pereiro

Botón volver arriba