Un accidente ocorrido de madrugada na Autovía das Rías Baixas A-52 ó seu paso polo concello de Barbadás mobilizou ós servizos de emerxencias.
Pouco despois das 2 de madrugada, o CIAE 112 daba a alerta ós servizos de emerxencias. Membros de Protección Civil de Barbadás, Bombeiros do Polígono de San Cibrao, GES de Pereiro de Aguiar e axentes da Guardia Civil acudiron ó lugar do sinistro.
No accidente, ocorrido no punto quilométrico 225, os servizos de emerxencias tiveron que liberar a unha persoa que estaba atrapada.