Sucesos

Un accidente na N-541 obriga a activar reforzos de Emerxencias

O Servizo de Emerxencias do Carballiño atendeu esta tarde un accidente de tráfico na N-541, ao seu paso pola localidade de Godás, no que se viron implicados un turismo e un camión.

A primeira chamada alertaba da presenza dunha persoa atrapada no interior do vehículo pequeno, o que obrigou a activar de inmediato a capacidade de resposta municipal.

Un accidente na N-541 obriga a activar reforzos de Emerxencias

No momento do aviso, o servizo só dispoñía dun único efectivo operativo, converténdose así no único recurso con resposta inmediata en todo o termo municipal.

Un accidente na N-541 obriga a activar reforzos de Emerxencias
Foto: Servizo de emerxencias do Carballiño

Para garantir unha intervención adecuada, o equipo solicitou con urxencia o apoio dun segundo membro do servizo, que se atopaba fóra de quenda no seu domicilio. A súa incorporación permitiu completar as tarefas de asistencia e colaborar cos medios sanitarios e de seguridade desprazados ao punto.

Desde Emerxencias sinalan que situacións como esta evidencian a importancia de manter recursos suficientes para actuar con rapidez en incidencias que, como a de hoxe, requiren coordinación, reforzo e capacidade técnica inmediata.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.