Noticias

Ourense dá protagonismo ás persoas cegas no acendido do Nadal

O Concello de Ourense acenderá as luces de Nadal o 5 de decembro, ás 20.00 horas, nun acto na Praza Maior que terá como protagonistas ás persoas cegas, tal e como explicou o alcalde Gonzalo Pérez Jácome.

O rexedor avanzou que este ano serán membros da ONCE quen realicen o acendido, un xesto que busca poñer en valor ás persoas que non poden desfrutar da iluminación.

Ourense dá protagonismo ás persoas cegas no acendido do Nadal

“Este ano acenderán as luces as persoas que non poden desfrutalas”, afirmou Jácome, lembrando que en edicións anteriores participaron colectivos como persoas xordas, persoas con TEA, deportistas ou maiores.

Ourense dá protagonismo ás persoas cegas no acendido do Nadal

O alcalde incidiu en que esta elección pretende invitar á reflexión e á empatía, ao situar no centro a quen vive o Nadal doutra maneira. “Queremos ter un xesto que nos convide a meternos na pel dos demais. Que sexa a ONCE quen participe é unha invitación á xenerosidade do ser humano: acenderán as luces para os demais, xa que eles non as poden desfrutar”, apuntou.

O evento mantén o formato habitual do Concello, que aposta por acender a iluminación artística na véspera da ponte festiva. Ademais do acendido, a xornada incluirá unha actuación musical cunha banda tributo a Joaquín Sabina, que interpretará algúns dos temas máis coñecidos do cantautor.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.