Eventos

Actividades na Semana Santa de Ribadavia

Un variado programa de actividades terá lugar durante a Semana Santa no concello de Ribadavia dirixidas á cidadáns de todas as idades.

Actividades de conciliación familiar e laboral, visitas guiadas e actividades culturais forman parte da programación de Semana Santa que promoveu Paula Rodríguez, concelleira de cultura e tenente de alcalde de Ribadavia.

Actividades na Semana Santa de Ribadavia

Os días, 3, 4, 5 e 10 de abril, os nenos e nenas de 3 a 14 anos poderán participar no Programa de conciliación de Pascua. Esta actividade permite a moitas familias do concello lograr a conciliación durante este período de vacacións escolares.

Actividades na Semana Santa de Ribadavia
Paula Rodríguez e Brais Fidalgo

A Arte dos Monumentos é unha iniciativa que gaña espazo na programación cultural de Ribadavia. Visitas guiadas para por en valor os monumentos e a arquitectura de Ribadavia que permitirá achegarse nesta ocasión a:

  • Ponte Medieval de Francelos (día 3)
  • Banca Nogueira (día 4)
  • Praza de Abastos e Club Artístico (día 5)
Actividades na Semana Santa de Ribadavia

Outras actividades que atopamos no programa de Semana Santa en Ribadavia son actuacións musicais, teatro, títeres ou contacontos.

  • «A Ramona pequena vai á Lúa» (contacontos)
    luns, 3 de abril, ás 18h na Biblioteca Municipal
  • Los Lunes al Sol (música)
    mércores, 5 de abril, ás 21h na Praza Maior
  • Música itinerante
    xoves, 6 de abril, ás 12h por distintas zonas de Ribadavia
  • Títeres e contacontos con Tarabelos
    sábado, 8 de abril, ás 19h nos Xardinillos
  • Obra de teatro Backup
    domingo, 9 de abril, ás 20h na Casa da Cultura

Un ano máis Ribadavia programa actividades culturais no mes de abril, coincidindo coa Semana Santa, a pesar de que a finais de abril tamén haberá a Feira do Viño, cun importante esforzo do Concello. 

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.