Un variado programa de actividades terá lugar durante a Semana Santa no concello de Ribadavia dirixidas á cidadáns de todas as idades.
Actividades de conciliación familiar e laboral, visitas guiadas e actividades culturais forman parte da programación de Semana Santa que promoveu Paula Rodríguez, concelleira de cultura e tenente de alcalde de Ribadavia.
Actividades na Semana Santa de Ribadavia
Os días, 3, 4, 5 e 10 de abril, os nenos e nenas de 3 a 14 anos poderán participar no Programa de conciliación de Pascua. Esta actividade permite a moitas familias do concello lograr a conciliación durante este período de vacacións escolares.
![Actividades na Semana Santa de Ribadavia](https://ourensenarede.com/wp-content/uploads/2023/03/Paula-Rodriguez-e-Brais-Fidalgo-800x631.jpg)
A Arte dos Monumentos é unha iniciativa que gaña espazo na programación cultural de Ribadavia. Visitas guiadas para por en valor os monumentos e a arquitectura de Ribadavia que permitirá achegarse nesta ocasión a:
- Ponte Medieval de Francelos (día 3)
- Banca Nogueira (día 4)
- Praza de Abastos e Club Artístico (día 5)
![Actividades na Semana Santa de Ribadavia](https://ourensenarede.com/wp-content/uploads/2023/03/Semana-Santa-2023-en-Ribadavia-2-640x800.jpg)
Outras actividades que atopamos no programa de Semana Santa en Ribadavia son actuacións musicais, teatro, títeres ou contacontos.
- «A Ramona pequena vai á Lúa» (contacontos)
luns, 3 de abril, ás 18h na Biblioteca Municipal - Los Lunes al Sol (música)
mércores, 5 de abril, ás 21h na Praza Maior - Música itinerante
xoves, 6 de abril, ás 12h por distintas zonas de Ribadavia - Títeres e contacontos con Tarabelos
sábado, 8 de abril, ás 19h nos Xardinillos - Obra de teatro Backup
domingo, 9 de abril, ás 20h na Casa da Cultura
![](https://ourensenarede.com/wp-content/uploads/2023/03/Semana-Santa-2023-en-Ribadavia-640x800.jpg)
Un ano máis Ribadavia programa actividades culturais no mes de abril, coincidindo coa Semana Santa, a pesar de que a finais de abril tamén haberá a Feira do Viño, cun importante esforzo do Concello.