Eventos

Obradoiros e natureza na programación de Nadal en Monterrei

As actividades de Nadal en Monterrei manteñen o seu ritmo este mes de decembro, malia ao peche da entrada á Acrópole por mor das obras no conxunto monumental.

A programación deseñada polo Concello garante alternativas para todas as idades e mantén a posta en valor do patrimonio e da tradición local.

Obradoiros e natureza na programación de Nadal en Monterrei

A primeira actividade celebrouse o 7 de decembro, coincidindo coa séptima edición do paseo micolóxico polo entorno de Monterrei. A xornada contou cun nutrido grupo de afeccionados que, guiados por Rafael Castro Vaamonde, realizaron unha análise das numerosas especies de cogomelos presentes na comarca de Verín.

Obradoiros e natureza na programación de Nadal en Monterrei
Foto: Turismo Monterrei

O percorrido polos arredores da vila permitiu compartir coñecemento e poñer en valor a riqueza ambiental deste espazo.

As actividades de interior trasladaranse este ano ao Parador de Turismo de Verín, onde terán lugar dúas citas destacadas. A primeira será o sábado 13 de decembro, entre as 16:30 e as 18:30 horas, cun obradoiro de elaboración de Coroas de Advento. Esta sesión, guiada pola floristería Florciñas, permitirá aos participantes crear a súa propia decoración tradicional do Nadal.

A segunda actividade desenvolverase o 20 de decembro, en horario de mañá, entre as 11:30 e as 12:30 horas. Trátase dun obradoiro de repostería de Nadal, no que os máis pequenos poderán preparar galletas e doces con motivos propios destas datas. O equipo de restauración do Parador encargarase da parte práctica e formativa.

Para participar en calquera das propostas é necesaria inscrición previa, que se debe tramitar a través da Oficina de Turismo de Monterrei.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.