Noticias

Acto na Catedral polo patrón da Policía Nacional

Unha misa na Catedral de Ourense serviu para conmemorar ós Anxos Custodios, patróns da Policía Nacional.

Tras ese primeiro acto, foi o Auditorio Municipal de Ourense onde se realizou o seguinte evento. Ademais da entrega de medallas, tamén se entregaron os premios do concurso de debuxo infantil que organiza a Policía Nacional.

Acto na Catedral polo patrón da Policía Nacional

Entre as autoridades presentes no acto estivo Eladio Santos, subdelegado do Goberno en Ourense. Santos destacou «o labor fundamental que realizan homes e mulleres deste corpo, que velan pola nosa seguridade e a nosa liberdade». Na súa intervención, o subdelegado lembrou os valores deste corpo entre os que destacou a honestidade, valentía e compromiso co servizo público trasladándolle un agradecemento en nome de «toda a cidadanía, do Goberno de España e do Ministerio do Interior».

Acto na Catedral polo patrón da Policía Nacional
Foto: Subdelegación do Goberno

Na tarefa que realiza a Policía Nacional, Eladio Santos indicou que era fundamental «a necesaria colaboración coas outras forzas de seguridade: Garda Civil e Policía Local, que teñen canles permanentes de comunicación e coordinación, na procura dunha maior eficacia».

Botón volver arriba