Un acto de exaltación da figura de Alberto García Ferreiro terá lugar en Sobrado do Bispo o próximo domingo, 12 de marzo.
Organizado pola Asociación Porta da Cadea, este acto contará cun actuacións musicais, poesía e a posta en valor da figura deste escritor de Sobrado do Bispo.
Acto de exaltación de Alberto García Ferreiro en Sobrado do Bispo
Juan Carlos Forneiro, presidente da asociación Porta da Cadea, e Justo Calviño, presidente da Asociación Cultural Música e Cultura de Galicia, serán os relatores do acto. Ambos, mostrarán ós asistentes a destacada relevancia deste escritor de Sobrado do Bispo de finais do século XIX.
Ademais de escritor, Alberto García foi unha figura destacada na vida social, política, intelectual e cultural de Galicia. Queda no aire si no futuro debería ser merecedor do Día das Letras Galegas.