O Centro Cultural José Ángel Valente acolle esta tarde un acto polo Día de Recoñecemento ás Vítimas do Exilio que abandonaron España trala caída da II República.
Así como está fixada a data do 31 de outubro para recordar ás vítimas do franquismo, a Lei de Memoria Democrática estableceu o 8 de maio para recordar ás vítimas do Exilio.
Acto de recoñecemento ás Vítimas do Exilio
O PSdeG-PSOE e as Xuventudes Socialistas organizaron un acto que contará cunha importante participación de representantes da política local.
Natalia González, voceira no concello de Ourense, Rafael Rodríguez Villarino, voceiro na Deputación de Ourense, Alba Iglesias García, secretaria xeral das XX.SS., Xosé Lois Carrión González, membro da candidatura e Paco Rodríguez, candidato á alcaldía intervirán durante o acto.
José Ramón Fernández Morgade recitará uns poemas ó remate do acto que comeza ás 19h.