Noticias

Acto Socialista sobre as Alcaldesas do Futuro

Un acto organizado polo Partido Socialista en Maceda baixo o lema «Alcaldesas do Futuro» puxo de manifesto á relevancia das alcaldesas socialistas na provincia de Ourense.

O PSdeG-PSOE organizou un acto no que participaron Uxía Oviedo de Dios, candidata á alcaldía de Maceda, Marina Ortega, Deputada no Parlamento de Galicia, e Andrea Fernández Benéitez, secretaria de Igualdade da CEF do PSOE e Deputada no Congreso.

Acto Socialista sobre as Alcaldesas do Futuro

«Aumentar o número de rexedoras nos vindeiros comicios electorais e para elo presentamos máis candidatas, que chegan a estas eleccións moi preparadas e coa forza e as ganas de darlle futuro e esperanza a nosa provincia» é un dos obxectivos do partido nas eleccións municipais do mes de maio.

Andrea Fernández quixo recordar que «só o 17% das candidaturas ás alcaldías en Europa, están ocupadas por mulleres, polo que é fundamental reforzar e apoiar a aquelas mulleres que deciden dar este paso».

Acto Socialista sobre as Alcaldesas do Futuro

«Aquí en Galicia, non é que se nos abriran portas para que buscaramos oportunidades fora, senón que aquí as políticas da dereita obrigaron a xente moza a deixar atrás as súas familias, os seus fogares e a súa terra», destacou Uxía Oviedo de Dios. Tamén puxo o foco a candidata socialista no rural e a xuventude. «O rural sen xuventude non ten futuro, pero é que a nosa sociedade tampouco ten futuro se o rural desaparece».

Pola súa parte, Marina Ortega quixo recordar que «é no rural onde as políticas tocan directamente ás persoas, é aí onde pomos nome e apelidos ás políticas que facemos a gran nivel, pomos tamén nome e apelidos a nosa veciñanza, a que coñecemos de preto, e onde visualizamos en toda a súa plenitude as debilidades ou fortalezas da administración».

Botón volver arriba