Un acto de vandalismo sucedido esta noite no concello de Bande acabou cunhas árbores que foron talladas por alguén aínda descoñecido.
Desde o concello de Bande pregúntanse A quen poden molestar unhas árbores para dar sombra? tras ver o dano ocasionado.
Acto de vandalismo no concello de Bande
Polo momento, descoñécese a identidade da persoa ou persoas que levaron a cabo este ataque contra estas árbores situadas nun espazo público.