A partir do venres, 17 de marzo, comezarán os actos organizados en Ourense polo 20 aniversario do Nunca Máis, movemento cidadán contra a xestión da crise do Prestige.
A presentación dos actos que terán lugar na cidade de Ourense permitirá recordar o desastre ecolóxico que supuxo o afundimento do Prestige fronte ás costas galegas cando transportaba unha carga de 77.000 toneladas de petróleo.
Actos polo 20 aniversario do Nunca Máis
Entre os actos previstos está unha exposición que comezará o 23 de marzo e estará localizada no Museo Pedagóxico da Facultade de Ciencias da Educación.
Vinte anos de Nunca Máis: resposta social ourensá
- EXPOSICIÓN «NUNCA MÁIS, A VOZ DA CIDADANÍA»
A partir do 23 de marzo no Museo Pedagóxico da Facultade de Ciencias de Educación, Campus de Ourense
- Charla-coloquio «NUNCA MAIS: VINTE ANOS DESPOIS»
17 de marzo ás 20:00 h no Salón de Actos do Edificio Sindical (Parque San Lázaro nº12)
Interveñen: Xosé Santos, membro da Plataforma Nunca Mais e Xavier Paz, editor de «NUNCA MAIS, A VOZ DA CIDADANÍA»
- Proxección «DENTRO DO CHAPAPOTE»
18 de marzo ás 19:00 h no Centro Cívico da Ponte
reportaxe elaborado por Pablo Cubela e Jainer Barros [emitido por primeira vez fai 20 anos, en OURENSE TV BEMPOSTA]
Ao remate, coloquio con Jainer Barros
- CEA CIDADÁ
25 de marzo ás 21:00 h no local da ASOCIACIÓN ANDEN PRIMEIRO (A Ponte)
Prezo 10€ -bebida a parte. Hai que anotarse antes do día 22 de marzo no correo ceanuncamais@gmail.com ou acudindo aos locais de C.C.O.O ou de CIG Administración