A Asociación Española Contra o Cancro (AECC) expresou publicamente o seu agradecemento ao Sergas e, en especial, ao equipo da área sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, por incorporala ao Nodo de Innovación creado para impulsar a mellora continua do sistema sanitario galego.
A entidade considera que esta participación recoñece o labor que desenvolve desde hai anos en apoio ás persoas con cancro e ás súas familias. Representa para a AECC un avance decisivo na integración da experiencia do paciente nos procesos de innovación.
A AECC agradece ao Sergas a súa participación no Nodo de Innovación Sanitaria
A inclusión neste espazo colaborativo permitirá á AECC achegar a súa visión, compartir coñecemento e contribuír ao deseño de solucións. Isto permitirá mellorar a prevención, o diagnóstico e a atención oncolóxica.

Desde a organización tamén agradeceron a sensibilidade demostrada polos responsables do Sergas ao promover unha contorna aberta ao diálogo e á cooperación, que facilita a participación activa das entidades sociais. “A colaboración entre institucións sanitarias, profesionais e organizacións de pacientes é esencial para construír un sistema máis eficiente, humano e innovador”, destacaron desde a AECC.
A Asociación reafirmou o seu compromiso de continuar traballando neste espazo común. Esta unión servirá para impulsar iniciativas que melloren a calidade de vida das persoas afectadas por cancro e contribúan ao fortalecemento do sistema sanitario galego.

