Noticias

AFAOR recibe máis de 5.800 euros da San Martiño

O Concello de Ourense entregou 1.876 euros á Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer de Ourense (AFAOR), procedentes da cota solidaria da 48ª Carreira Pedestre Popular do San Martiño, celebrada o pasado 9 de novembro.

O concelleiro de Deportes, Aníbal Pereira, e a concelleira de Asuntos Sociais, Tamara Silva, fixeron entrega do talón á presidenta da entidade, María Dolores Neira, nun acto no salón de plenos.

AFAOR recibe máis de 5.800 euros da San Martiño

Pereira destacou o “traballo marabilloso” da asociación e amosou o seu “orgullo” por colaborar nun dos eventos deportivos máis importantes da cidade.

AFAOR recibe máis de 5.800 euros da San Martiño
Foto: Concello de Ourense

No encontro tamén participaron representantes de CaixaBank, patrocinador principal da proba, que reforzou a iniciativa cunha achega adicional de 4.000 euros. O apoio total supera así os 5.800 euros.

María Dolores Neira agradeceu a colaboración institucional e privada e subliñou que este respaldo resulta fundamental para “mellorar a asistencia das persoas que padecen Alzhéimer” e apoiar ás súas familias.

Botón volver arriba
Cerrar

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.