Os afectados de MUFACE organizan diversas concentracións para este mércores, 11 de decembro, nas principais cidades de Galicia.
Con lemas como «Muface, solución xa!«, «A nosa saúde non é unha mercadoría!» ou «Non somos reféns!» concentraranse diante das sedes de MUFACE.
Os afectados de MUFACE organizan concentracións
Na cidade de Ourense, a concentración será na Rúa Bedoya, 11, a partir das 11:30h. A situación de MUFACE e o seu posible peche afecta á asistencia sanitaria dun millón e medio de empregados públicos.