Afundación presenta a súa exposición «Viaxando. Coleccións de arte Afundación e ABANCA» que estará exposta en Ribadavia ata o 3 de setembro.
Miguel García Domínguez, tenente de alcalde do concello de Ribadavia, María Luz Expósito, concelleira de obras de Ribadavia, Mateo Alonso San Román, coordinador institucional de ABANCA en Ourense, e Beatriz Fernández-Anguiano, coordinadora institucional de Afundación en Ourense, estiveron presentes no acto de inauguración da mostra.
Afundación presenta a exposición «Viaxando» en Ribadavia
Esta exposición pretende a divulgación das coleccións ABANCA e Afundación e está situada na praza á altura do número 65 da rúa Progreso de Ribadavia.