Eventos

Agoratá chega ó Café Cultural Auriense

O grupo Agoratá chega ó Café Cultural Auriense este venres liderado polo músico brasileiro Sergio Tannus.

Esta formación musical de recente creación, deixou claras mostras do seu talento no concerto de presentación que realizaron na Arca da Noe (Vilar de Santos).

Agoratá chega ó Café Cultural Auriense

Dentro da extensa programación que ofrece este establecemento, atopamos unha proposta na que están implicados tres grandes músicos. Ton Risco (percusión), Rafa Morales (baixo) e Sergio Tannus (guitarra) forman Agoratá.

Este evento cultural terá lugar o venres, 25 de outubro, a partir das 21:30h. As entradas están a venda no Café Cultural Auriense cun prezo de 12€.

Agoratá chega ó Café Cultural Auriense

Botón volver arriba