O atleta ourensán Alejandro López Silva asinou unha brillante actuación no Campionato de Europa Máster, que se está a disputar en Madeira, ao rematar quinto na proba dos 3.000 metros obstáculos cun tempo de 10:06.95.
López Silva mantívose no grupo de cabeza durante boa parte da carreira, demostrando o seu gran estado de forma e pelexando polas medallas ata o tramo final.
Alejandro López Silva, quinto no Europeo Máster de Madeira
Finalmente quedou a só seis segundos do bronce, que foi para o italiano Giovanni Bosio (10:00.70). O título continental levouno o alemán David Kiefer, cun rexistro de 9:45.23.

A presenza do atleta ourensán entre os mellores do continente confirma o seu alto nivel competitivo e supón un novo éxito para o atletismo galego na categoría máster.