Noticias

Alertan da privatización da administración no concello de Ourense

Desde o grupo municipal do PSdeG-PSOE alertan da privatización da administración pública que pretende realizar o alcalde do concello de Ourense.

Esta denuncia reálizase ó coñecer a proposta que o goberno municipal fixo na mesa de negociación da Relación de Postos de Traballo e a modificación da OPE extraordinaria de estabilización.

Alertan da privatización da administración no concello de Ourense

María Fernández Ojea, concelleira socialista, indica que «estamos a falar de persoal que dende o 2008 perdeu poder adquisitivo e a normativa vixente  tende a corrixir esta situación, ofrecendo emprego estable e de calidade».

Entre as medidas denunciadas atópanse a eliminación de postos esenciais como xefaturas de servizo, non se crean novas prazas e non se establece unha estrutura funcional. «Semella unha inquina persoal contra traballadores e traballadoras, pouco coherente en quen goberna unha Administración pública, que despreza o labor das mesmas, ningunea os seus dereitos e retrocede en procesos legais xa iniciados».

Alertan da privatización da administración no concello de Ourense

Fernández Ojea indica que estamos ante «outro exemplo máis da improvisación continua na que permanece mergullado o Concello de Ourense. Deberían, ademais, apresurarse en aboar as pagas que algúns empregados e empregadas aínda agardan cobrar dende hai meses».

Botón volver arriba