Noticias

Alimagro reafirma o valor da Pataca de Galicia

A quinta edición de Alimagro reafirma o valor da Pataca de Galicia nas súas tres variedades: Kennebec, Agria e Fina de Carballo.

A Indicación Xeográfica Protexida de Pataca de Galicia tivo presencia en Alimagro 2024 a través dun stad e a participación en varias actividades.

Alimagro reafirma o valor da Pataca de Galicia

José Manuel Gómez, presidente da IXP, participou na Xornada Técnica da Pataca na mesa redonda «Mercados e tendencias da pataca». O técnico de campo da IXP, José Antonio Chao, participou na mesa redonda «Sementeira da pataca: claves do éxito».

Alimagro reafirma o valor da Pataca de Galicia
Foto: IXP Pataca de Galicia

A importancia da Pataca de Galicia ten en Xinzo de Limia un espazo relevante grazas á importante produción agrícola deste concello. Foi neste evento onde se cociñou unha gran tortilla de pataca. 350 quilogramos de pataca, 1.500 ovos, 30 quilogramos de cebola e 20 de aceite foron os ingredientes empregados na súa elaboración.

Foto: IXP Pataca de Galicia

Botón volver arriba