O concello de Allariz celebra esta fin de semana a súa Festa de Outono cunha programación gastronómica e de actividades para toda a veciñanza.
Durante a fin de semana do 12 e 13 de novembro, o Pavillón do IES de Allariz acollerá este evento de exaltación dos produtos do Outono.
Allariz celebra a súa Festa de Outono
A programación prevista levarase a cabo en horario continuo de 10:30h a 20h. Entre as propostas que atoparemos están a cociña en vivo, catas e obradoiros.

Allariz sabe a Outono
Demostracións en vivo da elaboración de produtos propios do outono.
- Sábado
12:00h Cociña de Outono con Gerson Iglesias. Restaurante Erva, Oca Hotels.
18:30h Cociña de Outono con Alberto Fernández, Restaurante Boigorri. - Domingo
12:00h Cociña de Outono con Daniel Pozo Sánchez. Casa Pepiña.
Saída ó monte
- Sábado
10:00h: Saída ao monte na procura de cogomelos acompañados do experto José Gómez Bragaña (Lourizán). Dende o pavillón do IES.
Inscrición previa en dinamizacioneconomica@allariz.gal
Catas
- Sábado
17:00h – 17:30h : Cata Vanatti
19:00h– 19:30h: Cata Shitake Trives - Domingo
12:00h – 12:30h Cata Xeados O Avó
12:30h – 13:00h: Cata O Rexo
Obradoiros
- Sábado
16:30h –18:00h: Obradoiro infantil de galletas. Ecogalletas - Domingo
12:00h – 13:00h Obradoiro: “O Carriandola” Contos do Camiño. Xeitura
16:30h – 18:00h: Obradoiro de Outono. As curuxas

Premios de Outono
Durante a Festa de Outono de Allariz, mercar nos postos da feira ten premio. No momento de realizar as compras, pide as papeletas para participar nos sorteos de numerosos premios.
Horario dos sorteos
Sábado
- 20:00h Sorteo “Premios de Outono”
Domingo
- 14:00h Sorteo “Premios de Outono”
- 19:30h Sorteo “Premios de Outono”.