O alumnado do CIFP A Farixa obtén un premio na I Olimpiada Teleco ó presentar a proposta máis orixinal neste evento tecnolóxico.
Óscar Gallardo, Alex Gómez, Paola Virgina Pérez, Damián Cuquejo e Manuel Rodríguez cursaron 1º de Sistemas de Telecomunicacións e Informáticos e participaron neste evento baixo a coordinación do profesor Ricardo Ameijeiras.
Alumnado do CIFP A Farixa obtén un premio na I Olimpiada Teleco
Cerca de 1.000 alumnos e alumnas de toda España participaron nesta I Olimpiada Nacional de Telecomunicaciones: resolviendo retos de la sociedad. Baixo o obxectivo de estimular o interese do alumnado polos ámbitos científicos e tecnolóxicos, este evento tamén pretende mostrar a súa aplicación no noso día a día.
O alumnado do CIFP A Farixa que participou neste evento presentou o proxecto «Sensorización de tanques de tormentas e colectores previos». Este proxecto foi finalista na final galega que tivo lugar a finais do mes de maio para finalmente ser premiado na final Nacional.