O PSdeG-PSOE de Ourense celebrou hoxe a súa xornada de votación entre a militancia nos 21 centros habilitados pola provincia para elixir o novo secretario xeral.
Tamén se elixiu a lista de delegados e delegadas que participarán no V Congreso Provincial, previsto para o 18 de maio na terceira cidade de Galicia.
Álvaro Vila vence nas primarias do PSdeG-PSOE de Ourense
Os resultados provisionais dan a vitoria a Álvaro Vila Araújo, que obtivo 447 votos, o que supón un 52,77% do total emitido. Pola súa banda, Patricia Domínguez Barja acadou 390 votos, un 46,04%. Rexistráronse, ademais, 7 votos en branco e 6 nulos. En total, participaron 850 militantes dun censo de 1360, o que representa unha participación do 63,48%.

Con estes resultados, Álvaro Vila será proclamado oficialmente secretario xeral no Congreso Provincial, onde tamén se definirá a nova estrutura orgánica do partido en Ourense.