Álvaro Vila, alcalde de Taboadela, será o voceiro socialista e candidato á presidencia na Deputación de Ourense ó ser elexido pola executiva provincial do PSdeG-PSOE.
«É unha decisión de acordo pleno e dun novo rumbo no Partido Socialista» indicou Rafael Rodríguez Villarino, secretario provincial.
Álvaro Vila será o voceiro socialista na Deputación
Alcalde desde 2019, nos recentes comicios do 28 de maio, Álvaro Vila obtiña unha clara maioría absoluta. O luns, 17 de xullo, terá lugar o pleno da Deputación de Ourense na que tomarán posesión os deputados e deputadas para o período 2023-27.
Os seis deputados e deputadas que representarán ó PSdeG-PSOE na Deputación Provincial de Ourense no mandato 2023-27 son:
- Álvaro Vila Araújo (Taboadela, 1965), alcalde de Taboadela
- Susana Rodríguez Estévez (Ourense, 1968), concelleira de Amoeiro;
- Elvira Lama Fernández (Xinzo de Limia, 1963), concelleira en Xinzo;
- José Ignacio Gómez Pérez (Ribadavia, 1972), edil en Ribadavia;
- Aurentino Alonso Araújo (Cartelle, 1963), concelleiro no Barco de Valdeorras;
- Diego Fernández Nogueira (Santiago de Compostela, 1987), concelleiro no Carballiño
- Marina Vaz Quintanillán (Ourense, 1985), concelleira no municipio de Riós