O Concello de Ourense iniciou as obras para ampliar e mellorar a rede de saneamento en Palmés, unha actuación que conectará o treito comprendido entre o campo de fútbol e o núcleo do Burgo e que permitirá reforzar este servizo básico na parroquia.
O proxecto conta cun orzamento de licitación de 640.862,44 euros e un prazo de execución de 8 meses.
Ourense amplía a rede de saneamento en Palmés
As obras comezaron o 05:03 de marzo de 2026 e inclúen a instalación de 1.460 metros de nova tubaxe de saneamento, distribuídos en catro ramais diferentes.

A actuación foi adxudicada á empresa Viaqua Gestión Integral de Aguas de Galicia, S.A.U., mentres que a dirección de obra e coordinación de seguridade e saúde corresponde á enxeñaría Rey Campos Ingenieros, S.L.
Esta intervención forma parte dun acordo entre o Concello de Ourense e Viaqua para mellorar o servizo de abastecemento, saneamento e depuración de augas residuais no municipio. En total, o convenio contempla 9 actuacións en diferentes zonas da cidade, cun investimento global de 1.965.559,90 euros, cuxa execución comeza ao longo deste ano.

