A Andaina Camiño Termal é o froito da colaboración entre varias entidades e que se levará a cabo o sábado, 15 de outubro.
O trazado desta andaina pasará polos concellos de Cartelle, A Merca e Barbadás, entidades colaboradoras na realización da actividade.
Andaina Camiño Termal
Tamén colaboran na organización diversas asociacións que fan posible que poidamos percorrer unha parte do trazado que ocupaba a Vía Romana. A Asociación Cultural Camiño Termal ou a Asociación Veciñal San Bieito son algunhas das entidades implicadas.
A saída para ciclistas e cabaleiros será ás 10h dende a localidade de Ponte de Freixo. Estes terán un percorrido de 17 Kms ata chegar ó punto de destino no Barreiro (Bentraces). Os camiñantes sairán á mesma hora (10h) de Pereira de Montes para un trazado de 10 quilómetros de lonxitude.
Ó remate da actividade, terá lugar xantar campestre no Barreiro (Bentraces). Por un prezo de 10€ os asistentes recibirán empanada, callos, churrasco, postre, viño e café. O prazo de inscrición remata o mércores, 12 de outubro.
Colaboran na organización da andaina:
- Asociación Cultural Camiño Termal
- Asociación Veciñal San Bieito
- BTT de Bentraces
- Asociación Gastronómica Fon Fon
- Concello de Cartelle
- Concello de A Merca
- Asociación Cabaleiros de Barbadás
- Concello de Barbadás