Noticias

A Deputación estuda un aparcadoiro disuasorio en Mariñamansa

A Deputación de Ourense iniciará os trámites para habilitar parte da Finca Mariñamansa como aparcadoiro disuasorio.

Esta acción serviría para compensar a perda de prazas que provocará a instalación de ramplas mecánicas na rúa Vasco Díaz Tanco.

A Deputación estuda un aparcadoiro disuasorio en Mariñamansa

Así o avanzou o presidente provincial, Luis Menor, tras reunirse no Pazo Provincial coa directiva da Asociación Veciñal da Cuña e veciñanza do barrio, nun encontro no que tamén participou o deputado provincial e concelleiro Jorge Pumar.

A Deputación estuda un aparcadoiro disuasorio en Mariñamansa
Foto: Deputación de Ourense

Os representantes veciñais advertiron de que o proxecto de mobilidade vertical, aínda que necesario, reducirá o estacionamento nunha zona xa saturada pola proximidade do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO).

Ante esta situación, Menor comprometeuse a remitir un escrito á xunta de compensación da Finca Mariñamansa para estudar o uso dunha parte do terreo como aparcadoiro disuasorio. Ademais, os veciños reclamaron recuperar o proxecto dun aparcadoiro soterrado na avenida da Universidade.

Botón volver arriba
Cerrar

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.