Noticias

Apoio agrario ás mobilizacións en Ourense

O apoio ás mobilizacións do sector agrario en Ourense foi expresado hoxe polo Colexio Oficial de Enxeñeñeiros Agrícolas de Ourense.

Este organismo amosou o seu respaldo ás protestas promovidas por explotacións agrícolas e gandeiras da provincia ante a incerteza sobre o futuro do medio rural e do sector primario.

Apoio agrario ás mobilizacións en Ourense

Nun comunicado, a entidade profesional subliña que o medio rural é a columna vertebral de Ourense e de Galicia, tanto pola produción de alimentos como polo seu papel na conservación do territorio, na xestión sostible dos recursos naturais e na prevención de riscos como os incendios forestais.

Apoio agrario ás mobilizacións en Ourense

Neste sentido, lembra unha das consignas máis repetidas nas mobilizacións: “sen campo, a cidade non come”.

Desde o Colexio destacan que o traballo no campo vai máis alá da actividade económica, xa que implica cultura, identidade e mantemento das paisaxes e dos pobos. Tamén sinalan problemas estruturais que afectan á viabilidade das explotacións, como os prezos de venda por debaixo dos custos de produción, a excesiva carga burocrática e os riscos derivados de acordos comerciais externos sen garantías equivalentes para os produtores locais.

O comunicado recalca o respaldo ao dereito á mobilización pacífica como ferramenta para visibilizar estas demandas e reclamar respostas eficaces por parte das administracións. Ademais, anima a todas as partes implicadas a escoitar as reivindicacións do sector e a avanzar cara solucións prácticas e sostibles.

O Colexio Oficial de Enxeñeiros Agrícolas de Ourense reitera así —nun posicionamento propio da entidade— o seu compromiso cun sector primario forte, con dignidade profesional e con condicións que permitan aos homes e mulleres do campo traballar con seguridade, rendibilidade e orgullo, garantindo o futuro dun medio rural vivo e próspero.

Botón volver arriba
Cerrar

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.