Noticias

Eladio Santos ve “xustas” as demandas dos avogados de oficio

O subdelegado do Goberno en Ourense, Eladio Santos, mantivo unha reunión coa delegada do sindicato Venia, Aline Castro, para abordar as demandas dos profesionais da quenda de oficio.

O encontro tivo lugar na Subdelegación do Goberno e centrouse nas condicións laborais dos avogados e avogadas que prestan este servizo público esencial.

Eladio Santos ve “xustas” as demandas dos avogados de oficio

Durante a reunión, Castro denunciou que as tarifas que reciben estes profesionais están obsoletas e non se axustan ao traballo que realizan. Esta situación prodúcese a pesar de tratarse dun dereito fundamental como é a asistencia xurídica gratuíta. Lembrou, ademais, que os letrados e letradas están obrigados a prestar este servizo sen poder negarse.

Eladio Santos ve “xustas” as demandas dos avogados de oficio

Eladio Santos expresou o seu apoio ao colectivo, cualificando de “xustas” as súas reivindicacións e apelando á responsabilidade da Xunta de Galicia. “Este servizo representa o principio de igualdade ante a lei e é posible grazas ao compromiso e á vocación dos avogados e avogadas da quenda de oficio, polo que merecen unhas condicións dignas”, sinalou o subdelegado.

Desde a Subdelegación do Goberno instan á Xunta a abrir un diálogo co sector e a revisar as compensacións económicas. O obxectivo final é garantir a calidade do servizo e a dignidade dos profesionais que o sosteñen.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.