Noticias

Manuel Pardo destaca o apoio da Xunta á Fundación de Discapacitados Psíquicos de Verín

Manuel Pardo visitou este martes o centro ocupacional de atención a persoas con discapacidade psíquica de Verín, coincidindo co 25 aniversario da Fundación de Discapacitados Psíquicos.

Alí mantivo un encontro coa súa directiva para coñecer de primeira man os proxectos que desenvolve a entidade no ámbito da atención ás persoas con discapacidade intelectual.

Manuel Pardo destaca o apoio da Xunta á Fundación de Discapacitados Psíquicos de Verín

Durante a visita, o delegado territorial da Xunta en Ourense subliñou o apoio da Xunta de Galicia a esta asociación, coa que colabora na financiación de 17 prazas, cunha achega anual superior aos 205.000 euros.

Manuel Pardo destaca o apoio da Xunta á Fundación de Discapacitados Psíquicos de Verín
Foto: Delegación da Xunta

Este investimento ten como obxectivo mellorar a calidade de vida das persoas maiores de 18 anos con discapacidade intelectual. Tamén se apoia ás súas familias e favorecer a integración social e a normalización da súa contorna.

Manuel Pardo lembrou tamén que, ademais do financiamento ordinario das prazas, a Consellería de Política Social e Igualdade colabora coa entidade a través das axudas do 0,7% do IRPF. Grazas a estas achegas, nos últimos anos destináronse 35.759 euros para a ampliación do recinto. Tamén se investiron 50.000 euros para o peche da parcela e 47.700 euros para a adquisición dun vehículo adaptado. A maiores, en 2024 realizouse a reforma dos aseos, cunha subvención de máis de 22.000 euros.

O delegado territorial explicou que este centro presta servizo a unha ampla área de influencia. Esta abrangue os concellos de Verín, Vilardevós, Cualedro, Monterrei, Laza, Oímbra, Riós e Castrelo do Val. A súa actividade céntrase en impulsar a autonomía persoal, a formación e a empregabilidade das persoas con discapacidade. Actua nas áreas laboral-formativa, de atención psicosocial e de benestar físico.

No remate da visita, Manuel Pardo agradeceu o traballo do equipo do centro, “as 24 horas e os 365 días do ano polo benestar das persoas con discapacidade”. Puxo en valor o papel das entidades sociais e das familias, ás que definiu como “as primeiras defensoras dos dereitos das persoas con discapacidade”.

Visita ao Fogar Residencial Santa María

Aproveitando a súa presenza na comarca, o delegado territorial desprazouse tamén ao Fogar Residencial Santa María de Verín. Pardo trasladou ás persoas residentes e ao persoal do centro os seus bos desexos de cara ás festas do Nadal.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.