A APP Importass achéganos ó INSS para facilitar o acceso dos cidadáns á súa información fiscal de xeito online sen ter que acudir en persoa.
Xestións como coñecer as nosas bases de cotización, descargar a vida laboral e consultar e actualizar os datos persoais serán máis doados con esta APP.
A APP Importass achéganos ó INSS
As principais funcións desta aplicación coñeceunas o subdelegado do Goberno en Ourense, Eladio Santos, durante a súa visita ó Instituto Nacional da Seguridade Social en Ourense. Durante a visita, Santos coñeceu o traballo que realizan os funcionarios deste organismo.
A presentación desta aplicación «permite tanto obter información como realizar trámites de xeito sinxelo dende o propio móbil», sinalou Santos.
Carolina Gancedo, directora provincial do INSS, e Juan Carlos Blanco, subdirector de Xestión Recaudatoria, mostraron ó subdelegado as necesidades do organismo.