Noticias

Aprobada a moción para crear unha rede de coidadores de barrio

Foi aprobada no último pleno municipal unha moción do PSdeG-PSOE para crear unha rede de coidadores de barrio.

«Ourense é coñecida polas súas altas cifras en canto a esperanza de vida das persoas maiores. Pero detrás desas cifras tamén se esconde unha triste realidade en moitos casos» sinalou Natalia González, voceira socialista.

Aprobada a moción para crear unha rede de coidadores de barrio

As persoas maiores de 65 anos son as que máis sofren esta soidade e desde o PSdeG-PSOE piden frear esta situación. A moción aprobada permitirá ofrecer alternativas a aquelas persoas que desexan seguir vivindo nas súas casas pero que teñen dificultades á hora de realizar algunhas tarefas.

Durante a sesión do pleno municipal, o PSdeG-PSOE tamén presentou unha moción para reabrir o Museo Municipal de Ourense. «Propoñemos tamén un enfoque no eido educativo do museo a través da elaboración e posta en marcha de programas dirixidos a estudantes de diversos ciclos», destacou a concelleira Alba Iglesias.

Aprobada a moción para crear unha rede de coidadores de barrio
Foto: PSdeG-PSOE

A proposta socialista incluiría elaborar programas de colaboración con universidades e centros de investigación. Isto permitiría crear un vínculo entre a comunidade académica e este espazo cultural. «E para garantir a calidade e o atractivo das exposicións entendemos relevante a colaboración permanente con historiadores, arqueólogos e expertos en museografía, que colaborarían no deseño dos contidos para ofrecer unha experiencia educativa innovadora e accesible para tódolos públicos».

Lembrou a concelleira socialista que o alcalde trasladou o 1 de outubro de 2021 a actividade expositiva deste museo ó Centro Cultural Ángel Valente. «Desde entón este espazo renacentista, restaurado no ano 1985, quedou abandonado e sen un proxecto claro», lamentou Alba Iglesias.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.