Eventos

Arranca en Ourense un proxecto de participación xuvenil

Arranca este sábado en Ourense un proxecto de participación xuvenil que pretende contribuír a definir as políticas públicas de educación no tempo libre en Galicia.

O procecto Erasmus + «‘Youth participation activities – Unha ruta participativa para o tempo libre en Galicia» está promovido pola cooperativa de educación e lecer Aventeira.

Arranca en Ourense un proxecto de participación xuvenil

Rapaces e rapazas de 14 a 17 anos pertencentes ó Grupo Scout ILEX 695 participarán neste primeiro encontro. Esta primeira toma de contacto servirá para recoller as opinións e necesidades que este colectivo ten sobre as actividades de educación non formal e tempo libre. Tralo encontro deste sábado, o proxecto continuará o xoves, 2 de maio, coa participación do alumnado do CIFP Portovello.

Facilitar un diálogo inclusivo entre todas as partes implicadas nos programas de tempo libre é o eixe principal do proxecto. Mocidade, profesionais, empresas, técnicos da administración pública ou responsables políticos están chamados a participar nestes encontros.

Arranca en Ourense un proxecto de participación xuvenil

O primeiro encontro que terá lugar este sábado no Espazo Xove, terá continuidade posteriormente noutras cidades galegas. Está previsto un calendario que se desenvolverá entre os meses de abril e xuño en varios centros educativos. Despois do verán, seguirán os encontros que rematarán cun gran acto final onde se mostrarán as conclusións do proxecto.

Botón volver arriba