Noticias

“Arsenal de la Quimera” chega ao Valente

A exposición “Arsenal de la Quimera” pode visitarse desde hoxe no centro municipal José Ángel Valente de Ourense, onde o artista José Lino Monjardín Fernández presenta medio cento de obras de mediano e grande formato.

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, e a concelleira de Artes e Festexos, Noa Rouco, acompañaron ao creador na apertura oficial da mostra, que xa está aberta ao público na sala municipal situada na rúa do Paseo.

“Arsenal de la Quimera” chega ao Valente

A exposición reúne arredor de cincuenta pezas realizadas con técnica mixta á auga sobre papel. O conxunto destaca polo gran colorido e polo marcado xogo cromático, elementos que definen a proposta artística de Monjardín nesta colección.

“Arsenal de la Quimera” chega ao Valente
Foto: Concello de Ourense

As obras exploran composicións de forte impacto visual, nas que a experimentación técnica e o tratamento da cor ocupan un lugar central.

A mostra permanecerá aberta ata o 8 de marzo, ofrecendo ao público ourensán e aos visitantes a oportunidade de achegarse ao traballo máis recente do artista nun espazo expositivo de referencia na cidade.

Publicaciones relacionadas

Horarios de visita

  • De martes a sábado: de 11:30 a 13:30 h e de 18:30 a 21:30 h.
  • Domingos: de 11:00 a 13:30 h.

A entrada é libre ata completar a capacidade da sala.

Botón volver arriba
Cerrar

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.