Noticias

A Asociación Contra o Cancro terá un novo espazo en Verín

A Asociación Española Contra o Cancro de Ourense terá un novo espazo en Verín tras firmar un convenio de colaboración co concello.

Intensa xornada da AECC con dous actos celebrados no concello de Verín que comezou coa entrega dunha doazón.

A Asociación Contra o Cancro terá un novo espazo en Verín

O Club Verín Padel Indoor entregou á AECC de Ourense a recadación que obtivo na segunda edición do Torneo Solidario de Padel que organizou esta entidade. O programa «Axudas económicas destinadas a pacientes oncolóxicos en situación de emerxencia social» recibirá a doazón de 4.140,76€.

Posterior a este primeiro acto, o presidente da AECC de Ourense, Germán Rodríguez-Saá asinou un convenio co concello de Verín para dispor de novas instalacións. Foi durante o acto de firma do convenio cando Rodríguez-Saá deu a coñecer os resultados anuais do ano 2023.

«Para nós, ter un concello como Verín con tan boa disposición é de agradecer por cedernos un espazo como este para continuar crecendo. É a nova maneira de responder a quen o necesita, cubrindo as súas novas necesidades e poñendo á súa disposición os avances para que ningunha persoa poida sentirse soa ou desatendida» indicou Germán Rodríguez-Saá.

A Asociación Contra o Cancro terá un novo espazo en Verín
Foto: AECC Ourense

Rosario Rodríguez, concelleira de benestar social, asinou o convenio en nome do concello. «Para o Concello de Verín, a presenza e colaboración da AECC supón unha fonte fundamental de apoio psicolóxico, social e orientación médica, entre outros servizos e programas. Estamos profundamente agradecidos por poder continuar esta colaboración e valoramos enormemente o compromiso e dedicación do voluntariado e do equipo profesional da asociación» dixo a concelleira.

Estas instalacións están situadas na rúa Rosalía de Castro no antigo lavadoiro.

Botón volver arriba