Deportes

O atletismo ourensán colleita medallas en tres citas galegas

A fin de semana na que maio deu paso a xuño estivo marcada pola intensa actividade atlética e os excelentes resultados do atletismo ourensán, con participación destacada en tres Campionatos Galegos.

O Campionato Galego Sub18, celebrado o 31 de maio na Coruña, contou cunha notable representación do club ourensán, que colleitou múltiples medallas.

O atletismo ourensán colleita medallas en tres citas galegas

Destacou Hugo Casañas, que acadou dúas medallas de ouro ao impoñerse no lanzamento de peso (5kg) cunha marca de 19,40 metros e no disco (1kg) con 58,35 metros.

Completaron o podio masculino Fer Ventura Blanco, prata en pértega con 3,80 m, e Javier Cid, segundo no martelo (5kg) cun lanzamento de 55,68 m, seguido de Hugo Nóvoa, que foi bronce con 43,13 m.

O equipo de relevo 4×100 masculino, composto por Manuel Eirín, Gabriel Parga, Fer Ventura Blanco e Joel Abeso, conseguiu o bronce cun tempo de 48,55 segundos.

O atletismo ourensán colleita medallas en tres citas galegas
Foto: Club Ourense Atletismo

Na categoría feminina, varias atletas ourensás subiron ao máis alto do podio:

  • Iria Solera venceu en altura con 1,69 m
  • Marta Quiroga, ouro en pértega con 2,80 m
  • Antía Calvo, primeira en lonxitude con 5,40 m
  • Aitana Capeáns, dominou en peso (3kg) con 15,02 m e en disco (1kg) con 39,04 m
  • Icía Ares, gañadora dos 5.000 marcha con 25:59.68

As medallas de prata foron para:

  • Ana Nóvoa, segunda en peso con 11,47 m
  • Lara Vázquez, segunda en triplo con 10,94 m
  • Arancha Vázquez, segunda nos 100 lisos con 12.24
  • Irma Veiguela, segunda nos 400 con 59.48
  • Rocío Marín, prata nos 100 con 15.06
  • O relevo 4×100 feminino (Ana Nóvoa, Rocío Marín, Iria Solera e Arancha Vázquez), con 50.75 segundos

No bronce destacaron Naroa Pereira, terceira nos 1.500 m con 4:52.49, e Irene Conde, terceira en lanzamento de peso (3kg) con 42,95 m.

Itzíar Manso, campioa galega de 10K

No Campionato de Galicia de 10K en ruta, Itzíar Manso proclamouse campioa cun excelente tempo de 36:08, a un ritmo de 03:36 por quilómetro, confirmando o seu gran estado de forma.

Medallas para os máster en Santiago

O domingo, Compostela acolleu o Campionato Galego Máster, onde os atletas ourensáns tamén brillaron.

Medallas de ouro:

  • Ana Raquel Revuelta, en disco F35 con 31.06 m
  • Ana Isabel Soutullo, nos 5.000 F45 con 20:00.09
  • Miguel Ángel Álvarez, nos 1.500 M40 con 4:30.74
  • Antonio Touza, nos 400 M45 con 58.94
  • Sergio Herrería, ouro en triplo M45 con 11.87 m
  • María Grande, ouro nos 5.000 marcha F50 con 29:51.90, establecendo un récord galego

Pratas:

  • Saturnino Nóvoa, nos 5.000 M60 con 17:34.90
  • Alejandro López, en 3.000 obstáculos M40 con 10:25.20
  • Soledad Pousa, en 5.000 marcha F50 con 32:02.20
  • O relevo 4×100 masculino, segundo con 53.11

Bronces:

  • Sergio Herrería, na lonxitude M45 con 5.22 m
  • Fernando Ojea, nos 400 M55 con 1:03.72

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.