Noticias

Aurentino Alonso, novo alcalde do Barco de Valdeorras

O subdelegado do Goberno en Ourense, Eladio Santos, asistiu este luns ao pleno extraordinario no que se escolleu a Aurentino Alonso como novo alcalde do Barco de Valdeorras.

Santos felicitou ao rexedor en nome do Goberno de España e destacou a súa confianza na nova etapa municipal. “Deséxolle grandes éxitos no seu mandato, convencido de que saberá traballar con entrega e compromiso polo benestar dos veciños e veciñas do municipio”, afirmou.

Aurentino Alonso, novo alcalde do Barco de Valdeorras

O representante do Executivo tamén quixo ter unhas palabras de recoñecemento para o alcalde saínte, Alfredo García, quen deixa a alcaldía tras unha longa traxectoria. “A súa dedicación e servizo público deixan unha pegada no Barco de Valdeorras que merece ser recoñecida”, subliñou.

Aurentino Alonso, novo alcalde do Barco de Valdeorras
Foto: Subdelegación do Goberno

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.