Noticias

Ourense activa a liña 23 de autobús urbano para facilitar o acceso a Oira durante o verán

O Concello de Ourense pon en marcha desde hoxe, 18 de xuño, a liña número 23 do servizo de autobuses urbanos, que conecta o Xardín do Posío coa zona recreativa e as piscinas de Oira.

O obxectivo é facilitar os desprazamentos da cidadanía durante a tempada estival, especialmente nas horas de maior afluencia á zona fluvial.

Ourense activa a liña 23 de autobús urbano para facilitar o acceso a Oira durante o verán

A liña estará operativa ata o 31 de agosto. As saídas, cada 40 minutos, serán desde as 15:00 até as 21:40 horas dende o Xardín do Posío. O percorrido inclúe paradas na Alameda, Progreso, Parque de San Lázaro, Curros Enríquez, Ponte Nova, Viaducto, Peliquín e Alfredo Brañas.

Os regresos desde Oira serán desde as 15:20 ata as 22:00 horas. As paradas serán en Peliquín, Viaducto, Curros Enríquez, Parque de San Lázaro, Xoán XXIII e Alameda.

Ourense activa a liña 23 de autobús urbano para facilitar o acceso a Oira durante o verán

Suspensión temporal do Tren das Termas

Doutra banda, o Concello informa de que a liña 19, correspondente ao Tren Turístico das Termas de Outariz, quedará suspendida os días sábado 21 e domingo 22 de xuño. O motivo son os cortes de tráfico previstos na rúa Pardo de Cela e na Ponte Romana con motivo da celebración das Festas de Ourense 2025.

Como alternativa, as persoas que desexen acudir ás termas poderán empregar a liña 5 de autobús urbano (Ceboliño-Reza). Esta liña realiza parada xunto á pasarela de Outariz.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.